Dende o 11 de abril ata o 19 de maio estará en funcionamento un Mercado Solidario na biblioteca da Escola Oficial de Idiomas a favor de tres asociacións de Lugo: Accem, Alucem e Down Lugo.
O Mercado Solidario conta con libros, CD e DVD liberados da biblioteca da Escola ou doados polo alumnado, profesorado ou asociacións.
O xoves 13 de abril ás 17 horas haberá un acto de inauguración na biblioteca no que participarán representantes das tres asociacións ás que irán destinados os cartos recadados no mercado, e no que se poderá coñecer de primeira man o labor en prol das persoas en situación de vulnerabilidade, das persoas con esclerosi múltiple e das persoas con sindrome de Down.
Este é o segundo ano que a Escola Oficial de Idiomas organiza esta iniciativa, a cal tivo unha boa acollida na edición anterior.
Máis información aquí