Como cada ano, dende que en 2014 firmou o seu primeiro contrato de traballo, Luís Cristóbal, usuario de Down Lugo, forma parte do equipo de traballadores do Concello de Agolada dende o pasado 1 de maio. Durante o contrato de 3 meses de duración realizará diferentes tarefas auxiliares.
Isto é gracias a que o Concello, ao abeiro das axudas concedidas pola Deputación de Pontevedra no Plan Concellos incrementou o número de traballadores, con dous postos reservados para persoas con discapacidade intelectual.
Dende Down Lugo queremos agradecerlle ao Concello de Agolada o interese manifestado todos estes anos por contribuír á inclusión social e laboral das persoas con discapacidade, entendendo que as administracións deben ser as primeiras en dar exemplo ao resto de tecido empresarial.