982 240 921

Home Novas O Concello de Lugo subvenciona en 2025 o noso Programa de Autonomía...

O Concello de Lugo subvenciona en 2025 o noso Programa de Autonomía Persoal e Social

O Convenio de Colaboración firmado entre o Excmo. Concello de Lugo e Down Lugo supón a concesión da subvención prevista nominativamente no orzamento municipal do ano 2025 para os gastos derivados do desenvolvemento do Programa de Autonomía Persoal e Social da nosa entidade.

O obxectivo principal deste programa é promover o desenvolvemento de habilidades e capacidades que permitan ás persoas participantes alcanzar unha maior autonomía persoal e social. Grazas a este proxecto foméntase a súa inclusión activa na comunidade e se preparan para aproveitar as oportunidades e recursos dispoñibles na súa contorna.

O programa beneficia directamente a 28 persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais do Concello de Lugo. A través de diferentes actividades as persoas participantes no programa están adquirindo competencias clave que reforzan a súa independencia. Ademais, o programa pon en valor o papel das persoas con discapacidade como integrantes activos do tecido social.

A través deste convenio, o Excmo. Concello de Lugo apoia o compromiso de Down Lugo coa inclusión social e a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual, contribuíndo a fortalecer a nosa labor.