En decembro do ano pasado empecei un curso de xardinería que durou 3 meses.
Ía tódolos días polas mañás en bus dende Vilalba ata estación de buses de Lugo e logo ía camiñando da estación ata COGAMI, onde facía a parte teórica. Alí tiña un profesor de apoio, que se chamaba Rafa, el explicábame o que tiña que facer e axudábame nas clases.
No curso aprendín a plantar tomates, leitugas e cenorias na horta e a podar árbores.
Fixen as prácticas no Concello de Vilalba, facendo tarefas de limpeza na Praia fluvial, xuntaba co restrelo a herba e as follas en pilas.
O que máis me gustou foi cortar o céspede, paseino ben porque quero aprender para traballar.