Fai xa tempo que temos moi boa relación coa Asociación Sénior de Telefónica de Lugo (ASTELU) e as súas persoas voluntarias.
Dende o ano 2013 realizamos actividades conxuntas de sensibilización e formación nas que participan as persoas usuarias da nosa Asociación e as persoas voluntarias de ATELU.
Este ano, debido ás restricións vixentes provocadas polo coronavirus, non puidemos realizar as actividades presencias que tiñamos previstas, como por exemplo a celebración do Día Internacional do Voluntariado de Telefónica. Pero, esta situación non nos impediu seguir colaborando e organizando outras actividades.
Dende o mes de outubro, estamos levando a cabo con ASTELU uns Obradoiros de Debate vía online, nos que as persoas voluntarias e as persoas usuarias conversan e debaten sobre diferentes temas. Estes obradoiros teñen lugar unha vez ao mes e a previsión é seguir realizándoos ata final de curso (esperando poder realizalos de forma presencial en función de como evolucione a situación sanitaria).
É un pracer contar con todas as persoas voluntarias de ASTELU na realización de actividades novas que nos enriquecen a todos e todas e nos fan sentir un pouquiño máis preto das persoas.
Moitas grazas!