Desde Down Lugo queremos felicitar á directora Chelo Loureiro, ao equipo de Abano Producións e ás voces que dan vida a Valentina, Lucía Seren de Down Lugo e Pepa Lockhart de Down Compostela, polo merecido Goya á Mellor Película de Animación!
Sen dúbida é un recoñecemento a un traballo moi mimado que trata a capacidade das persoas coa síndrome de Down empoderándoas. Un filme inclusivo, producido en Galicia e en galego.
Coñece máis sobre Valentina pinchando aquí.