Participación nunha xornada de “Escola de Labregos”

O pasado 17 de xullo, un grupo da nosa Asociación participou nun taller de “Escola de Labregos”, impartido por Pedro Guerreiro nos Hortos Urbanos da Deputación de Lugo.

Alí, comezouse realizando un exercicio de identificación da flora e a fauna da zona, representadas en papel e despois o grupo… púxose mans á obra!

En primeiro lugar, coñeceron o proceso de regado do horto, regando as hortalizas que había xa plantadas, e continuaron quitando as malas herbas arredor destas xa que, como explicou Pedro, comen os nutrientes que precisan para crecer.

Despois, pasaron a un horto baleiro, no que o grupo tivo que restrelar a terra para preparala e que estivera lista para plantar cabazas nela.

A actividade finalizou coñecendo un pouco da historia da vestimenta campesiña galega, onde viron varios dos zocos típicos e cos que realizaron un xogo de puntería para poñer o colofón final a unha gran xornada.