O próximo 18 de abril participaremos nunha actividade medioambiental organizada pola UNED e ADEGA. Esta actividade forma parte do Proxecto Ríos, un programa de Educación Ambiental e voluntariado que ten como obxectivo concienciar sobre o papel dos cursos fluviais, mostrar as súas problemáticas e fomentar iniciativas que permitan á cidadanía manter e mellorar os ríos.