Ao longo deste curso levamos a cabo un taller de música no que se buscou fomentar o uso da música como canle de comunicación e no que as persoas participantes puideron desfrutar de actividades nas que coñecer diferentes sons, instrumentos e estruturas musicais, bailes e xogos rítmicos para expresarse dunha forma diferente.
A monitora do taller, Ana, forma parte do grupo de percusión Tambukda Lugo e por iso xurdiu a idea de que o taller de música deste curso tivera un cerre especial. Así, o pasado mércores 30 de xuño, desfrutamos dunha animada actuación de percusión nos arredores da Asociación a cargo do grupo.
Durante cerca dunha hora bailamos e demos palmas ao ritmo dos tambores e varias persoas que paseaban pola zoa achegáronse atraídos polo alegre ambiente que se creou.
Moitísimas grazas ao grupo Tambukda Lugo por ofrecernos esta actuación que fixo especial este fin de curso.