Coñecendo o Camiño Primitivo

   

O pasado 15 de xuño realizamos un tramo do Camiño Primitivo de Santiago que vai dende Lugo a San Romao da Retorta en compañía das persoas voluntarias de ASTELU (Asociación Sénior de Telefónica de Lugo). Esta actividade está incluída no noso proxecto Coñecendo o Camiño Primitivo que forma parte do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

Saímos de Lugo ás 10 horas e atravesamos camiñando a cidade ata chegar á Ponte Romana. Alí estábanos agardando un autobús que nos levou a Santa Eulalia de Bóveda onde visitamos o seu templo romano. Uns quilómetros máis tarde, en Bacurín volvemos a recorrer outro tramo a pé ata chegar a súa igrexa románica. Volveunos recoller o autobús para levarnos a San Romao e poder ver o seu Miliario. Tivemos a sorte de poder contar coas anécdotas dun dos seus habitantes.

Xa á hora de comer dirixímonos a Crecente onde pasamos unha sobremesa moi divertida acompañada de música e baile.

É sempre un pracer poder realizar estas actividades e máis se é coa compañía das persoas voluntarias de ASTELU que nos animaron durante todo o recorrido. Moitas grazas!