21 M: Pon calcetíns desparellos e reivindica o valor da diversidade!

Para conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down, que se celebra en todo o mundo este domingo 21 de marzo, Down Galicia súmase un ano máis á iniciativa internacional dos calcetíns desparellos.

Esta campaña busca concienciar e apostar pola importancia da inclusión e da diversidade. Deste xeito, preténdese poñer en valor o concepto da diferenza e dar visibilidade á idea de que ningunha persoa é igual a outra e que, precisamente, esa diferenza é a que nos enriquece como sociedade.

Por iso queremos encher as redes sociais de calcetíns de todas as cores e estampados, axúdasnos? Saca unha fotografía e súbea a redes sociais coas etiquetas #DíaMundialSindromeDown, #TanDiferentesComoIguais, #CalcetinesDesparejados e #CalcetinsDesparellos