Premios Son Muller 2019

O pasado 13 de decembro e por segundo ano consecutivo, a Asociación de Mulleres Empresarias da provincia de Lugo (AELU) celebrou a gala Premios Son Muller.

O obxectivo desta gala é recoñecer o papel da muller en tres categorías diferentes, todas elas relacionadas co mundo laboral. Os premios clasificáronse en tres categorías: na faceta de empresaria, emprendedora ou como motor do mundo rural.

Para a entrega de cada unha destas tres categorías contouse coa presenza de distintas autoridades e de dúas usuarias da Asociación que prestaron os seus servizos como azafatas.

Dende DOWN LUGO queremos agradecer a AELU que un ano máis contaran con nós para axudarnos a visibilizar ás persoas con síndrome de Down e o seu dereito a participar na sociedade.