O martes 4 de febreiro tivo lugar a presentación do Evento Solidario DiezRaz10nes no Círculo das Artes de Lugo.
DiezRaz10nes é un evento culinario e solidario que se celebrará o próximo 21 de febreiro no Círculo das Artes en favor de Down Lugo e da Asociación Raiolas, co obxectivo de recadar fondos e dar visibilidade a nosa labor social e de inclusión.
Trátase dunha velada que combinará gastronomía e actuacións, e contará cun menú de 10 pratos, 10 sorteos e un prezo redondo de 100€.
É unha acción impulsada por Allentum, Atalaya Comunicación e Publicidade, Arrocería Os Cachivaches, Canedo Restaurante & Brasería, Restaurante España e Kronos, coa colaboración da Escola de Hostalería IES Sanxillao, e reunirá a 12 prestixiosos chefs e aos seus respectivos equipos.
As entradas para este evento están dispoñibles nos restaurantes colaboradores da cidade e na páxina web diezraziones.com.
Saímos aquí