982 240 921

Home Destacados Presentación do Programa de Emprego con Apoio na USC

Presentación do Programa de Emprego con Apoio na USC

Este ano cúmprense 20 anos dende que se implantou nas entidades Down de Galicia a metodoloxía de Emprego con Apoio. A fin de celebrar este feito, dende Down Lugo programamos diferentes actos para darlle maior visibilidade.

O primeiro destes actos levouse a cabo o pasado 2 de maio na Facultade de Administración e Dirección de Empresas no Campus Terra da USC. Alí, o alumnado da materia Fundamentos da Xestión de Recursos Humanos puideron coñecer de primeira man a necesidade de contribuír entre todas as persoas a facer unha sociedade máis inclusiva, especialmente dende a súa perspectiva de futuros/as directivos/as de empresas e/ou xestores/as de persoal.

Durante a sesión, ademais de explicarse a parte teórica do programa por parte de Sarai Lodeiro y Francisco Varela, equipo de emprego da Asociación, 3 persoas usuarias do programa, Sabela Arias, Mª Isabel Casanova e Saúl Montoya contaron en primeira persoa as súas experiencias como traballadores/as e púidose coñecer a perspectiva das empresas colaboradoras, ao participar o responsable de RRHH de AmsLab, David Seijas; e una traballadora da empresa Mc´Donalds, Laura Otero.

 

Deixámosvos o enlace á nova publicada pola USC, pincha aquí.