Proxecto interdisciplinar coa USC

Dende o mes de setembro Down Lugo está desenvolvendo un proxecto interdisciplinar co alumnado do primeiro curso dos Graos en Mestre/a de Educación Infantil e Educación Primaria do Campus de Lugo, grazas á colaboración e mediación do Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU) da USC.

Este proxecto busca fortalecer vínculos entre a comunidade universitaria e a contorna social levando ao alumnado diferentes realidades que permiten reflexionar sobre a figura docente e o seu compromiso coa inclusión educativa. Preténdese o desenvolvemento de competencias relacionadas coa participación social e aquelas propias da profesión de mestre/a.

Ata o mes de decembro, 11 alumnos e alumnas da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo colaboran con Down Lugo. 6 de eles/as nas actividades do noso Servizo de Promoción da Autonomía Persoal e 5 alumnas nun Taller de Actualidade na propia facultade no que traballan de forma conxunta con 4 persoas usuarias da Asociación.

Este é o terceiro ano que participamos nesta iniciativa e está sendo unha experiencia moi enriquecedora para todas as persoas participantes.