Quedadas de ocio online

dav

Debido á imposibilidade de realizar saídas de ocio nos recursos comunitarios da nosa cidade por mor das restricións sanitarias pola Covid-19, adaptámonos á situación actual e nos reinventamos co obxectivo de que o noso día a día siga desenvolvéndose coa maior normalidade posible.

Unha boa mostra son as quedadas online de ocio que comezamos a realizar no mes de xaneiro. Queremos seguir compartindo parte do noso tempo xuntos/as e que mellor forma que participando en actividades lúdicas nas que seguir, aínda que sexa dunha forma diferente, desfrutando de momentos amenos y divertidos.

A primeira quedada resultou todo un éxito, tanto no número de participantes como no interese mostrado, así que a partir de agora quedaremos dous sábados ao mes para seguir desfrutando de tempo de ocio xuntos/as e facendo actividades tan entretidas como: Pasapalabra, Karaoke, xincanas con diferentes probas, visualización de cortometraxes…