Buscamos persoas positivas, activas, con ganas de conectar con outras persoas e con interese no que pasa ao seu arredor.
Buscamos persoas voluntarias que queiran compartir o seu tempo colaborando nas nosas actividades e axudar desta forma a mellorar a calidade de vida das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.
Actualmente a Asociación conta con 10 persoas voluntarias. Son mulleres e homes de diferentes idades, motivacións, intereses e habilidades, xa que non hai un único perfil de voluntariado senón mil formas de colaborar.
Se algunha vez pensaches en facerte voluntari@ ou xa tiveches esa experiencia e che apetece volver a vivila ponte en contacto con Down Lugo e explicarémosche como podes participar na nosa Asociación.
Esperámoste!