Queres facer voluntariado en Down Lugo? Contigo podemos máis

dav

En Down Lugo buscamos persoas positivas, activas, con ganas de conectar con outras persoas e con interese no que pasa ao seu arredor.

Buscamos persoas voluntarias que queiran compartir o seu tempo colaborando nas nosas actividades e axudar desta forma a mellorar a calidade de vida das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

Actualmente a Asociación conta con persoas voluntarias de diferentes idades, motivacións, intereses e habilidades, xa que non hai un único perfil de voluntariado senón mil formas de colaborar.

Se algunha vez pensaches en facer voluntariado ou xa tiveches esta experiencia e che apetece volver a vivila ponte en contacto con Down Lugo ([email protected]) e explicarémosche como podes participar na nosa Asociación.

Contigo podemos máis!

Esta nova forma parte do noso proxecto de promoción e captación de voluntariado “Contigo podemos máis” subvencionado pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia.