O venres 6 de maio 55 persoas integrantes da Asociación puidemos desfrutar dunha actuación de maxia a cargo do Mago Rafa.
No Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo, o Mago Rafa creou 60 minutos de imaxinación e ilusión que nos deixou sen palabras a todas as persoas asistentes.
Foi un espectáculo no que combinou humor e música, facéndonos partícipes e colaboradores/as dos seus efectos imposibles.
Esta actuación foi organizada pola Fundación Abracadabra e financiada pola Fundación Amancio Ortega.
Moitas grazas! Foi unha experiencia marabillosa!