Súmate a #ExtraCapacitados no Día Mundial da Síndrome de Down

Con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, que se celebra o vindeiro xoves 21 de marzo, desde as campañas Down de España lanzamos a campaña #Extracapacitados, co obxectivo de reivindicar máis oportunidades de inclusión laboral para as persoas coa síndrome de Down.

Por iso, un ano máis, animamos a toda a sociedade a sumarse á nosa campaña para que a súa mensaxe se faga viral e así, as persoas coa síndrome de Down sintan un enorme apoio.

Súmate a #Extracapacitados

  • Descarga o adhesivo #Extracapacitados, imprímea e pona nalgún lugar visible.
  • Fai unha foto facendo o signo de ‘ok’, co que queremos simbolizar que as persoas coa síndrome de Down poden prepararse para moitos tipos de empregos e que teñen a ‘extracapacidade’ de aproveitar todas as oportunidades laborais que se lles presentan. Súbea ás túas redes sociais co hashtag #Extracapacitados e etiqueta a @DownEspana e @DownGalicia
  • Se tes síndrome de Down sobe un vídeo explicando por que estás ‘extracapacitado’ ou ‘extracapacitada’ para traballar e se non, sobe un vídeo explicando como o está a persoa coa síndrome de Down que coñeces. Compárteo co hashtag #Extracapacitados e etiqueta a @DownEspana e @DownGalicia