Down Lugo organiza un taller no que as persoas participantes poderán crear o seu propio cómic. Será o próximo 4 de maio de 17:30 a 19:30 horas na Biblioteca Pública de Lugo.
Está destinado a nenos e nenas de entre 6 e 10 anos, con e sen discapacidade, que poderán inscribirse dende o 25 de abril ata o 3 de maio na sala infantil da biblioteca.
Esperámosvos!