Dende o 15 ao 18 de decembro celebrouse no Clube Lucus Padel o I Torneo Benéfico BNI LOU VCR BREOGAN, cuxa recadación foi destinada de forma íntegra á Asociación Down Lugo.
O evento reuniu a un gran número de deportistas, disputándose varias categorías masculinas, femininas e mixtas.
Dende a nosa entidade queremos agradecer ao BNI VRC Breogán, a Lucus Pádel e a todos/as os/as participantes por facelo posible e crear un ambiente extraordinario durante toda a semana.
Esperamos vervos a todas/os no seguinte!