Unidas contra a violencia de xénero

No marco do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, Down Lugo se une á conmemoración mundial para destacar a importancia de erradicar a violencia de xénero en todas as súas formas. O 25 de novembro nos invita a reflexionar sobre a necesidade de construír un mundo máis seguro e equitativo para todas as mulleres.

Este ano a nosa Asociación quere sensibilizar á sociedade sobre a urxencia de poñer fin á violencia de xénero cun pequeno vídeo no que alzamos a voz para dicir que isto non é só un problema das mulleres, senón unha responsabilidade colectiva da sociedade no seu conxunto. Alzamos a voz para dicir que a violencia machista parámola unidas todas as persoas.

Para ver o noso vídeo pincha aquí