Comezamos o novo ano visitando a exposición “Picasso, a viaxe do Guernica” que organizan La Caixa e o Museo Reina Sofía.
En concreto, o día 2 de xaneiro pola tarde acercarémonos á praza Horta do Seminario para desfrutar desta exposición que afonda na historia do Guernica a partir das súas viaxes e usos dende os seus inicios.