Os días 28, 29 e 30 de xuño un grupo de rapazas e rapaces da Asociación realizarán unha viaxe a Porto do Son e arredores.
Logo de planificar e ter en conta todos os aspectos necesarios para a organización dunha viaxe, poderán desfrutar duns días coñecendo lugares novos en compañía de amigos/as e compañeiros/as.
Serán uns días moi especiais!
Esta actividade, enmarcada no programa Iniciativa Xove, está subvencionada pola Consellería de Política Social e Xuventude a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.