Os días 8, 9 e 10 de xullo un grupo de rapazas e rapaces da Asociación realizarán unha viaxe a Valdoviño e arredores.
Logo de planificar e ter en conta todos os aspectos necesarios para a organización dunha viaxe, poderán desfrutar duns días coñecendo lugares novos en compañía de amigos/as e compañeiros/as.
Serán uns días moi intensos!
Esta actividade, enmarcada no programa Iniciativa Xove, está subvencionada pola Consellería de Política Social e Xuventude a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.