Os días 5, 6 e 7 de xullo un grupo da Asociación desprazámonos a Sanxenxo para desfrutar dunha viaxe de fin de curso.
Alí aloxámonos en bungalows no cámping Cachadelos e puidemos desfrutar da piscina deste e das praias próximas.
Tamén tivemos momentos para coñecer A Lanzada, o seu santuario, a necrópole, o castro… e incluso realizamos unha pequena ruta pola costa coñecendo o miradoiro de Punta Faxilda e o banco máis bonito de Noalla.
Ademais, coincidimos no cámping cun grupo de Down Vigo, co que saímos de festa e coñecemos a zona pola noite.
Despois destes tres días volvemos moi cansos, pero con grandes anécdotas que contar e unha moi boa experiencia.
Xa estamos desexando que chegue a próxima viaxe!