Viaxes a Pobra do Caramiñal

Dous grupos de rapaces e rapazas da Asociación Down Lugo desfrutaron durante 3 días, en dúas quendas, da viaxe de fin de curso a Pobra do Caramiñal. O primeiro grupo asistiu dende o 30 de xuño ao 2 de xullo e o segundo grupo dende o 5 ao 7 de xullo.

Unha vez instalados no cámping Ría de Arousa, foron a Boiro para desfrutar das Festas do Verán, onde puideron ver o mercado, actuacións musicais pola rúa e o ambiente festivo por todos os recunchos.

Aproveitando o bo tempo que tiveron todos os días, puideron ir á praia de Cabío e aínda que a auga estaba fría todos/as se deron un bo mergullo.

Ademais, tamén deron largos paseos polas zonas de praia e pola Pobra do Caramiñal, admirando a bonita paisaxe e as vistas á ría de Arousa.

Foron uns días estupendos de desconexión e convivencia que… xa están desexando repetir!

Estas actividades, enmarcadas no programa Iniciativa Xove, están subvencionadas pola Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.