Os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo un grupo de rapaces e rapazas da Asociación realizarán unha viaxe a Pobra do Caramiñal.
Á semana seguinte, os días 5, 6 e 7 de xullo, outro grupo desfrutará da mesma zona da comarca de O Barbanza.
Despois de planificar e ter en conta todos os aspectos necesarios para a organización dunha viaxe, poderán desfrutar duns días coñecendo lugares novos en compañía de amigos/as e compañeiros/as.
Serán uns días moi especiais!
Estas actividades, enmarcadas no programa Iniciativa Xove, están subvencionadas pola Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.