O martes 13 de maio, un grupo de rapaces e rapazas da Asociación Down Lugo visitou a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR).
Durante a visita, puideron aprender de forma práctica como funciona o ciclo da auga, especialmente como se limpa a auga usada da cidade de Lugo antes de devolvela á natureza.
A través de varias explicacións, coñeceron os procesos de potabilización e depuración, entenderon o importante que é coidar a auga e reflexionaron sobre a importancia que ten cada acto individual á hora de eliminar residuos polo inodoro ou o vertedoiro.
Tamén viron como, despois de pasar por distintos tratamentos, a auga volve ao río Miño en boas condicións, sen danar o medio ambiente.
Foi unha actividade moi interesante e educativa. As persoas participantes aprenderon moito e saíron máis concienciados sobre a importancia de facer un uso responsable da auga.
Unha experiencia moi enriquecedora para todos e todas!