Este ano 5 rapazas e rapaces da Asociación seguen realizando labores de voluntariado no Centro de Día ABRITE de Lugo.
Cada semana participan en varias actividades do centro axudando e compartindo momentos coas persoas maiores, coas que teñen xa, unha relación de amizade.
Boa proba de elo foi a Festa de Nadal á que foron invitadas/os o 20 de decembro na que compartiron unha tarde entrañable coas persoas maiores, as súas familias e os profesionais do centro.
Alba, Fran, Modesto, Sabela e Samuel empezan este 2020 aínda máis ilusionados e motivados se cabe que o primeiro día por continuar participando desta experiencia tan enriquecedora.