982 240 921

Home Novas As persoas con discapacidade estarán máis protexidas trala entrada en vigor da...

As persoas con discapacidade estarán máis protexidas trala entrada en vigor da nova lei de igualdade de trato e non discriminación

Onte fíxose efectiva a nova Ley 15/2022, de 12 de julio, para la igualdad de trato y la no discriminación, que modifica a Ley Orgánica 10/1995.

A súa modificación foi tomada en consideración en febreiro de 2021, e ten por obxecto establecer un marco legal «axeitado» para previr e eliminar todas as formas de discriminación en ámbitos como o sanitario, educativo, laboral, deportivo, cultural ou o relativo a redes sociais e aplicacións dixitais.

Doutra banda, con esta nova norma espérase impulsar a aplicación da igualdade de trato na formulación, execución e avaliación das políticas públicas.

Para iso, elaborouse unha tipificación dos delitos de discriminación por sexo, etnia, raza, relixión ou calquera condición persoal, como a discapacidade, e serán penados con multas de entre 300 e 500.000 euros.  Ademais, creouse a Autoridade Independente para a Igualdade de Trato e a non Discriminación, que prestará orientación e asistencia ás vítimas de discriminación por calquera causa, e a final de ano deberá presentar un informe sobre «aspectos contrarios á igualdade que poden perdurar nas disposicións normativas de rango legal ou regulamento vixentes».

Podes consultar o BOE 13 de xullo de 2022, que recolle a nova Ley 15/2022, del 12 de julio, para la igualdad de trato y la no discriminaciónpicando aquí.