Este pasado mes de outubro Fundación ONCE concedeunos unha axuda económica para o noso Programa de Autonomía Persoal e Social.
Este programa ten como obxectivo fomentar a adquisición e desenvolvemento de capacidades e habilidades que potencian a autonomía persoal, social, urbana e doméstica das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, preparándoas para participar das posibilidades e recursos que lles ofrece a súa contorna social e comunitaria e permitíndolles levar unha vida máis independente.
Participan 36 persoas que traballan en distintos grupos en función das habilidades a adquirir. Ademais dos contidos propios do programa, este traballo grupal favorece as relacións entre persoas e se traballa a empatía, o respecto á diversidade e ás opinións das demais persoas, ao tempo que se reforza a toma de decisións e o empoderamento das persoas.
É un programa de gran importancia para as persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais da nosa entidade e esta axuda económica contribuye a que se poda seguir levando a cabo.