Ola, chámome Marcos e vouvos a contar a miña experiencia na Rede Nacional de Vida Independente a cal está formada por 61 entidades de toda España, como Madrid, Cáceres, Lugo, Toledo, Granada, A Coruña, etc. Dentro da Rede dividímonos en pequenos grupos de traballo para tratar varios temas como ocio inclusivo, grupo de carteira de servizos, grupo de creación de materiais, grupo de dereitos, grupo de envellecemento e máis grupos.
Eu estou no grupo de ocio inclusivo, son o representante xunto coa técnico de referencia (Talía). Tamén teño reunións co mi grupo de referencia formado por tres compañeiras da Asociación: Iria, Isa e Sabela que me axudan a dar ideas e debater sobre diferentes temas.
Empezamos a ter reunións o 26 de maio e xa levamos catro. Estas serviron para presentarnos, dar información da Rede, acordar a participación dos representantes, preparar o calendario de reunións e de actas. Seguimos tendo reunións periódicas que as realizamos online a través de zoom.
Algún día gustaríame independizarme. A vida independente para min é poder decidir sobre a miña vida.
Estou contento de participar na Rede. Encántame poder ter experiencia como esta.