O pasado martes 13 de decembro tivo lugar a xornada final do Proxecto TROYA, que se levou a cabo dende o mes de outubro na facultade de ADE e que tiña como obxectivo mellorar a empregabilidade de oito persoas usuarias de Down Lugo.
Abriron o acto o Vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, quen valorou moi positivamente a implicación da Universidade neste tipo de actividades e abriu a man a futuras colaboracións. A continuación falou o Deputado Provincial de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, destacando a importancia de que dende as administracións se dea soporte a este tipo de iniciativas. En terceiro lugar, Delfina Pérez, en representación de Down Lugo, agradeceulle a todas as partes implicadas a posibilidade de levar a cabo esta formación.
Non obstante, o momento máis emocionante foi cando Nazaret Barroso, en representación dos alumnos e alumnas do curso leu unha carta escrita por eles/as, como agradecemento aos profesores/as e alumnos/as mentores. Acto seguido fíxose a entrega dos diplomas acreditativos.
Como final da xornada, todos/as xuntos/as puidemos desfrutar dun rato de charla ao tempo que tomamos un pincho.
Dende Down Lugo queremos agradecer unha vez máis a todos/as os/as que fixeron posible esta formación e agardamos que no futuro se repitan novas experiencias coas que mellorar a inclusión das persoas con discapacidade.
Máis información: aquí e aquí.