Buxiganga

O grupo de teatro DOWN LUGO volveu participar un ano máis no Programa Buxiganga, levado a cabo pola Deputación de Lugo. Trátase dunha iniciativa do executivo provincial para dinamizar a actividade cultural nos distintos municipios e dar a coñecer e promover a actuación de grupos de teatro afeccionados lucences. É unha forma de facer chegar o teatro a espazos onde, en ocasións, non chega.

Este ano, ao igual que o ano pasado, o grupo de teatro representou “Soños”, unha adaptación da famosa obra de William Shakespeare “Sueño de una noche de verano”.

Tiveron tres actuacións ao longo de tres meses. O día 28 de setembro actuaron no comedor do colexio Frei Luís de Granada de Sarria. O 19 de outubro acudiron ao centro sociocultural de Palas de Rei e o 23 de novembro actuaron no colexio de Castoverde.

Sempre é un reto participar neste Programa, xa que, en ocasións, en lugar de actuar en escenarios, actúase por exemplo nun comedor escolar ou ao longo dunha sala, o que implica estar á vista do público en todo momento (cambios de vestiario, colocación, coñecer perfectamente os momentos nos que teñen que saír, etc.).

Agradecemos a todas as localidades a boa acollida que tivo a obra e dámoslles as grazas por permitirnos desfrutar, unha vez máis, da marabillosa iniciativa que é Buxiganga.

Queremos seguir compartindo as nosos obras de teatro con vós!