A próxima semana comezamos as actividades do noso proxecto “Camiño cara a inclusión” subvencionado pola Axencia Turismo de Galicia, dentro do programa O teu Xacobeo.
O martes 17 de setembro realizaremos un obradoiro sobre o Camiño de Santiago facendo unha procura de información: por onde pasa, vestimenta, albergues, coidado da natureza… ademais de buscar diferentes historias sobre o camiño.
O xoves 19 de setembro levaremos a cabo unha xincana por Lugo que nos levará por distintos puntos do Camiño Primitivo que pasa pola nosa cidade.
Para a realización destas actividades contaremos coa axuda das persoas voluntarias da Asociación Sénior de Telefónica de Lugo (ASTELU).