Carlota Mosquera Ramil, una moza coa síndrome de Down de 27 anos e usuaria da nosa Asociación, acaba de asinar o seu primeiro contrato laboral. Desde esta mesma semana traballará de xeito indefinido como axudante de dependenta no local que a compañía Tiger ten na capital lucense.
A relación coa empresa comezou a finais do mes de xaneiro, cando Carlota iniciou na tenda o período de prácticas dun curso de atención ao cliente que estaba a realizar. E tan só tres días despois do remate destas prácticas, Tiger púxose en contacto con Down Lugo para interesarse na súa contratación.
Nestes momentos traballa tres días á semana, nos que se despraza de maneira autónoma desde o seu Vilalba natal, sendo un exemplo máis de que a inclusión social e laboral das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais é posible.
Carlota leva anos formándose para acadar un posto de traballo. Ademais do título da ESO, conta na súa experiencia cun AFD de atención ao cliente, un obradoiro de emprego en gravación de datos e unhas prácticas formativas na oficina que BBVA ten en Vilalba, entre outras.
Desde Down Lugo queremos darlle os parabéns a Carlota e as grazas a Tiger por poñer o seu gran de area na construción dunha sociedade máis inclusiva.