Celebración do Día Internacional do Voluntariado

O pasado 5 de decembro a Rede Lucense de Voluntariado conmemorou o Día Internacional do Voluntariado cun acto na Praza Maior de Lugo.

Neste acto as 15 organizacións e entidades que formamos a Rede participamos na lectura do manifesto a través do cal quixemos facer visible a importancia de contar na nosa cidade cunha rede de persoas que apostan polo exercicio da solidariedade e que de forma altruísta traballan por unha sociedade mellor.

Dende Down Lugo queremos agradecerlles ás persoas voluntarias que colaboran coa nosa Asociación o seu tempo e compromiso co apoio á nosa misión de mellorar a calidade de vida das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

Moitas grazas!

Bótalle un ollo a nova que sobre este día escribiron os rapaces e rapazas na sección O noso espazo.