Un ano máis, Down Lugo materializou nun novo proxecto a colaboración que dende 2003 mantén coa Fundación ALCOA. Foi a tarde do pasado mércores 18 de outubro.
O proxecto presentado este 2023 ao Programa Acción de Voluntariado foi “O coidado da natureza por e para todos/as” e consistiu na construción de dous xardíns verticais para ser doados ao Centro Residencial e ao Centro de Día de San Cibrao, Cervo. Así como o ano anterior traballamos en favor dun colectivo medioambiental, este ano quixemos que o obxectivo do proxecto fora colaborar co ámbito social da zona.
Para a súa construción empregamos palets de obra que acondicionamos e pintamos para despois plantar neles as plantas e bulbos.
Isto foi posible grazas a participación de 21 usuarios/as de Down Lugo e 8 voluntarios de Fundación Alcoa que, divididos en distintos grupos, se encargaron de cada unha das diferentes fases.
Como o tempo acompañou, puidemos desfrutar dun rato de relax, mentres aproveitamos para coñecernos mellor e merendar. Ao final da xornada, fomos a levar os palets terminados á residencia, onde nos recibiron cos brazos abertos, agradecendo moito que pensáramos neles e abrindo a posibilidade de seguir colaborando no futuro.
Moitas grazas por contar con nós Fundación ALCOA!, pronto nos poñeremos a pensar no proxecto 2024, que esperamos sexa tan satisfactorio como sempre.