Descubrindo secretos culinarios con Os Cachivaches

O pasado martes 12 de decembro, Alejandro Méndez, propietario e chef da arrocería Os Cachivaches de Lugo, xunto ao seu compañeiro, Rober Torreiro, que en breve abrirá o obrador Queixo Cheesecakes, impartiron un obradoiro de cociña a 5 rapazas e rapaces da nosa Asociación.

Estes dous cociñeiros desprazáronse ata a cociña da vivenda da nosa Asociación e alí, expertos e aprendices elaboraron varias receitas: Atún semipicante con pan bao, dúas receitas de arroces e tarta de queixo e pistacho.

Os rapaces e rapazas da Asociación, baixo a guía de Alejandro e Rober, entenderon a combinación de ingredientes e os pasos precisos para lograr estes pratos tan deliciosos.

Foi unha mañá moi agradable entre fogóns, e unha experiencia de auténtico luxo poder poñer en práctica consellos e trucos destes dous profesionais con gran experiencia na cociña.

Dende Down Lugo queremos agradecer a Alejandro su iniciativa para levar a cabo este taller, o excelente trato e a súa xenerosidade compartindo o seu tempo e coñecementos.