982 240 921

Home Novas Down Galicia lanza una campaña de crowdfunding para acabar con la brecha...

Down Galicia lanza una campaña de crowdfunding para acabar con la brecha digital en la que se encuentran sus personas usuarias

A Federación Down Galicia lanza unha campaña de crowdfunding co obxectivo de obter fondos para adquirir equipamento tecnolóxico co que intentar reducir a situación de fenda dixital na que se atopan moitas das súas persoas usuarias.

Desta forma, a Federación busca crear un banco de recursos para o préstamo temporal de equipos, facilitando ás persoas usuarias máis vulnerables o acceso aos servizos que, desde o peche das entidades Down por mor da crise sanitaria derivada do COVID-19, se prestan a distancia.

Os cartos recadados con esta iniciativa destinaranse á compra de tablets, computadores, teléfonos móbiles, altofalantes-micrófonos e conexións a Internet que poidan mellorar esta situación.

A campaña atópase activa na plataforma GoFundMe, de forma que calquera persoa que o desexe poderá realizar a súa achega a través do seguinte enlace https://gf.me/u/yggkq2

Máis información en https://bit.ly/2CcExkA