Down Lugo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente co seu horto urbano

Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, que celebramos este 5 de xuño, dende a Asociación Down Lugo queremos destacar unha iniciativa que levamos a cabo dende fai varios anos: o noso horto urbano.

Este horto, situado na terraza do piso no que desenvolvemos o noso programa de Apoio á Vida Independente, foi construído entre as persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual, os/as profesionais da entidade e persoas voluntarias.

Desde a súa posta en marcha leváronse a cabo moitas tarefas para coidalo: preparando a terra, montando xardineiras, plantando sementeiros… E sementáronse, coidáronse e se colleitaron amorodos, tomates, leitugas, pementos… Tamén se creou un xardín vertical de aromáticas e plantáronse dúas árbores, un de arandos e outro de grosellas. Todo o aquí recolleito utilízase despois nas sesións de autonomía doméstica onde elaboran distintas receitas e nas estancias da vivenda.

Este horto non só fomenta hábitos saudables e sostibles, senón que tamén é un espazo de aprendizaxe sobre o coidado da contorna, o respecto pola natureza e a importancia da reciclaxe. Ao mesmo tempo, impulsa a autonomía persoal, o traballo en equipo e a satisfacción de ver crecer algo que cultivaron coas súas propias mans.