Down Lugo continúa co seu compromiso coa educación inclusiva

Neste 2025 Down Lugo segue apostando polo Deseño Universal da Aprendizaxe (DUA) como enfoque clave para garantir que cada persoa poida avanzar nas súas aprendizaxes e alcanzar os seus obxectivos persoais.

No noso programa de Formación para a Vida Adulta, deseñamos cada sesión baixo os principios do DUA para que todas as persoas participantes accedan aos contidos e participen de maneira activa e significativa. Cremos firmemente que cada persoa ten moito que aportar, e o noso obxectivo é fomentar unha contorna de aprendizaxe na que cada un/ha poida desenvolver o seu potencial.

Este ano queremos seguir avanzando na eliminación de barreiras para garantir unha aprendizaxe verdadeiramente inclusiva. En Down Lugo cremos que a educación é un dereito fundamental e que debe estar ao alcance de todas as persoas.

Invitamos a todas as persoas implicadas no ámbito educativo e formativo a sumarse a esta visión inclusiva, facendo da aprendizaxe inclusiva unha realidade para todas as persoas.