Down Lugo firma un convenio de colaboración con Clece Vitam y Samaín

O pasado 24 de novembro, Down Lugo firmou un convenio de colaboración coas empresas Clece Vitam e Samaín, ambas filiais de Clece, S.A., co obxectivo de consolidar a andaina en común que comezou fai algo máis dun ano no ámbito da inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual.

Nese momento, Clece, S.A. púxose en contacto coa asociación para ofrecer un posto de traballo a unha das nosas persoas usuarias do programa de Emprego con Apoio, e a día de hoxe podemos dicir que a experiencia laboral do traballador con discapacidade está sendo un éxito.

Ao encontro desta firma acudiron en representación das empresas, Flavia González e Sara Costa, do departamento de Selección e Inserción Laboral de Clece, S.A., e en representación de Down Lugo, Mª José Blanco Freire en calidade de presidenta da Asociación, Delfina Pérez, como xerente e Sarai Lodeiro, como responsable do programa Emprego con Apoio.

Dende Down Lugo agradecemos profundamente o compromiso destas empresas e os seus equipos profesionais coa inclusión das persoas con discapacidade intelectual no ámbito laboral.