Excursións de fin de curso

Parece que pouco a pouco vamos voltando á normalidade e despois de moito tempo puidemos volver a realizar unha nova excursión, aínda que neste caso foron tres, xa que para respectar as medidas sanitarias organizáronse segundo os grupos de convivencia establecidos durante todo o curso. Cada un deles escolleu previamente o  que quería facer polo que os plans quedaron do seguinte xeito:

2 de xullo. Visita á cidade da Coruña: fixemos unha visita guiada ao Castelo de San Antón, paseamos polo porto da cidade e desfrutamos do Aquarium Finiesterrae.

3 de xullo. Mañá de praia e tarde de turismo por Coruña: estivemos na praia de Oza, onde aproveitamos para bañarnos, tomar o sol e comer. Pola tarde visitamos a Torre de Hércules e os seus arredores.

9 de xullo. Día na praia de Cabanas en Pontedeume: Pasamos un día do máis divertido nesta fermosa praia, entre risas, xogos e baños.

E por suposto que cada un destes días non nos marchamos sen comer antes un xeado Faltaría máis!

Despois de pasalo tan ben, un día sabe a pouco, así que esperamos que máis adiante poidamos volver a realizar unha excursión de máis días , como as de antes…

Estas actividades están subvencionadas pola Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dentro do seu programa de Iniciativa Xove.