O pasado mércores 4 de marzo, Iria Pérez, técnica da área de Educación de Down Lugo xunto con Sonia Caldas, xerente da Federación Down Galicia, impartiron unha xornada formativa organizada polo Centro de Formación e Recursos de Lugo (CFR) titulada “A colaboración como base para a inclusión educativa”.
O obxectivo desta xornada era sensibilizar ao profesorado sobre a importancia dunha escola inclusiva onde haxa espazo para tod@s, ao tempo que informalo sobre o Protocolo de Atención Educativa a alumnado coa síndrome de Down e discapacidad intelectual e sobre recursos e metodoloxías inclusivas.
Á sesión, de 2 horas e que tivo lugar no CIFP As Mercedes, asistiron 16 mestras e mestres de diferentes centros educativos da provincia, algúns con experiencia con alumnado con síndrome de Down.
Foi unha experiencia moi enriquecedora na que o profesorado solicitou accións de sensibilización nos seus centros e mostrou que aposta pola inclusión educativa.
Agradecemos ao CFR de Lugo a oportunidade de poder participar nesta sesión formativa e aos profesores/as a súa asistencia á mesma.