O pasado venres 18 de outubro, o Programa Voluntarios Telefónica celebrou o “Día Internacional do Voluntario Telefónica” e colaborou con DOWN LUGO un ano máis.
O Programa Voluntarios Telefónica canaliza e promove en máis de 25 países a acción social dos profesionais de Telefónica que queren poñer a disposición de distintos colectivos os seus coñecementos, tempo e ilusión.
A celebración en Lugo, baixo o lema “Marca a diferenza”, consistiu nun obradoiro de elaboración de marcapáxinas na Praza Maior aberto a calquera persoa que quixera participar.
Un equipo formado por 20 voluntarios e voluntarias de Telefónica e 17 integrantes da Asociación elaboramos marcapáxinas e os entregamos ás persoas que pasaban pola praza co obxectivo de dar a coñecer a nosa entidade e o noso obxectivo de traballar pola promoción da autonomía persoal das persoas con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual.
Foi unha mañá moi satisfactoria na que regalamos casi 1000 marcapáxinas, elaborados ese mesmo día e días antes nun obradoiro na Asociación no que tamén contamos coa axuda de persoas voluntarias.
Agradecemos a súa participación ás persoas voluntarias de Telefónica que coa súa axuda suman esforzos para facer cada día un mundo mellor. Moitas grazas!