O coronavirus 19 por Laura Martínez

A finais do 2019 a pandemia empezou en China, con varios casos contaxiados. Moita xente tivo que ingresar nos hospitais, algúns salváronse, mais outros quedáronse  polo camiño.

De seguido estendeuse entre outros países, como Italia que había moitos contaxiados, tamén chegou a Madrid para despois chegar ata o resto de provincias de España. Con toda esta situación empezaron ocuparse as UCIS de todos os hospitais e dende o Goberno  proclamaron o estado de alarma o día 14 de marzo do ano pasado. Empezou o confinamento que durou ata o verán, só se podía saír para ir  a traballar, ir o médico, á compra, á farmacia, e sempre coa máscara. No obstante non se podía ir en grandes grupos e había que respectar as medidas de seguridade.

Despois de tantos meses de confinamento, as restricións tiveron consecuencias positivas e empezaron a permitir saír,  a poder haber reunións de non convivintes, movernos entre provincias… Pero na Mariña apareceu un brote de xente de fora, e tivemos que estar confinados durante 15 días, ata que os casos empezaron a baixar.

Estamos vivindo unha época difícil por non poder estar coa nosa familia, por non poder xuntarnos e pasar as navidades todos reunidos, tampouco pódese estar cos amigos e celebrar festas…

Espero que pronto volvamos a estar como antes.