Dende o pasado mes de decembro, Alejandro Méndez, propietario e chef da arrocería Os Cachivaches de Lugo (Rúa Campos Novos, 26), está impartindo varios obradoiros profesionais de cociña a rapazas e rapaces da nosa Asociación.
Por iniciativa propia, e despois de que un rapaz da nosa Asociación fixera prácticas no seu restaurante, Alejandro decidiu impartir clases de cociña a persoas con discapacidade intelectual para poder ensinarlles algunhas das súas receitas máis saborosas e darlles claves para ser b@s cociñeir@s.
Esta experiencia tan enriquecedora repetirase cada dous meses na vivenda da Asociación.
Dende Down Lugo querémoslle agradecer a Alejandro a súa iniciativa, o excelente trato e a súa xenerosidade compartindo o seu tempo e os seus coñecementos.